Lucía Freitas naceu en 1982 en Santiago de Compostela (Galicia, España). Aos 19 anos comezou os seus estudos na Escola Superior de Hostalería de Artxanda (Bilbao). Ese foi o momento inicial do camiño.

Desde entón non cesou na súa formación, sempre traballando duro para poder seguir aprendendo dos mellores.
 

Nas súa ampla traxectoria hai que mencionar por riba doutras dúas paradas:

O seu paso por Mugaritz, onde descubriu o mundo verde e as hortas e onde se impregnou da filosofía e dos valores que rodean o produto de proximidade e que, a día de hoxe, caracterizan o seu traballo.

O seu paso por Relais Chateau como xefa de pastelería do seu restaurante Tápies. Este momento definiu a súa visión económica e estratéxica da gastronomía como negocio e foi o momento chave que deu lugar á apertura do seu primeiro restaurante: A Tafona, inaugurado en 2009 na súa terra natal, Santiago de Compostela.

Desde entón, a chef galega logrou:

  • 2009 - Aos tres meses da súa apertura de A Tafona, Lucía Freitas gana o seu primeiro premio no concurso de tapas da cidade (que ganaría noutras cinco ocasións)
  • 2016 - Obtivo o segundo posto no concurso nacional Cociñeiro do Ano
  • 2017 – Apertura internacional en Nova York de Tomiño, Taberna Galega
  • 2017 – Reforma e reapertura de A Tafona a nivel estético e conceptual
  • 2017 – Apertura de LUME, no mercado de Santiago de Compostela
  • 2018 – Primeira estrela Michelin para A Tafona
  • 2019 – 2 Soles Repsol para A Tafona
  • 2020 – Creación de CINZA a súa liña de xeados de autora
  • 2020 – Lanzamento de Delivery “Misto”
 
Buy now
GL