
Aviso legal
LUCÍA FREITAS, S.L.U, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto a cales son as condicións de uso.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
LUCÍA FREITAS S.L.U resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou pór en coñecemento dos usuarios esas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web de LUCÍA FREITAS S.L.U.
1.DATOS IDENTIFICATIVOS
Denominación social: LUCÍA FREITAS S.L.U
Nome comercial: A TAFONA/LUME
CIF: B70559703
Domicilio: Rúa Virxe da Cerca Número 7 Baixo 15701 Santiago de Compostela
e-mail: administracion@restauranteatafona.com
2.OBXECTO
A través do Sitio Web, ofrecémoslle aos Usuarios a posibilidade de acceder á información sobre os nosos servizos.
3.PRIVACIDADE E TRATAMENTO DE DATOS
Cando para o acceso a determinados contidos ou servizo sexa necesario facilitar datos de carácter persoal, os Usuarios garantirán a súa veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia. A empresa dará a eses datos o tratamento automatizado que corresponda en función da súa natureza ou finalidade, nos termos indicados na sección de Política de Privacidade.
4.PROTECCIÓN DE DATOS
Para utilizar algúns dos Servizos, o Usuario debe proporcionar previamente certos datos de carácter persoal. A empresa tratará automatizadamente estes datos e aplicará as correspondentes medidas de seguridade, todo isto en cumprimento do RXPD, LOPDXDD e LSSI. O Usuario pode acceder á política seguida no tratamento dos datos persoais, así como o establecemento das finalidades previamente establecidas, nas condicións definidas na Política de Privacidade.
5.USO E ACCESO DE USUARIOS
O usuario queda informado, e acéptao, de que o acceso á presente web non supón, en modo algún, o inicio dunha relación comercial con LUCÍA FREITAS S.L.U.
6.PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Os dereitos de propiedade intelectual do contido das páxinas web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade de LUCÍA FREITAS S.L.U e, por tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos das súas páxinas web, nin aínda citando as fontes, salvo consentimento por escrito de LUCÍA FREITAS S.L.U.
7.CONTIDO DA WEB E ENLACES (LINKS)
LUCÍA FREITAS S.L.U resérvase o dereito a actualizar, modificar, ou eliminar a información contida na súa páxina web, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso a tal información a certos usuarios.
LUCÍA FREITAS S.L.U non asume responsabilidade algunha pola información contida en páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por links ou enlaces desde calquera páxina web propiedade de LUCÍA FREITAS S.L.U. A presenza de links ou enlaces nas páxinas web de LUCÍA FREITAS S.L.U tenmeramente función informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos.
8.COOKIES
LUCÍA FREITAS S.L.U resérvase o dereito de utilizar a tecnoloxía “cookie” no Espazo Web, a fin de recoñecelo como Usuario frecuente e personalizar o uso que realice do Espazo Web mediante a preselección do seu idioma, ou contidos máis desexados ou específicos.
As cookies recompilan a dirección IP do usuario sendo Google o responsable do tratamento desta información.
As cookies son ficheiros enviados a un navegador, por medio dun servidor Web, para rexistrar a navegación do Usuario no Espazo Web, cando o Usuario permita a súa recepción. Se vostede o desexa pode configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a instalación de cookies no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.
Grazas ás cookies, resulta posible que se poida recoñecer o navegador do ordenador utilizado polo Usuario coa finalidade de facilitar contidos e ofrecer as preferencias de navegación ou publicitarias que o Usuario, aos perfís demográficos dos Usuarios así como para medir as visitas e parámetros do tráfico, controlar o progreso e número de entradas.
9. DECLARACIÓNS E GARANTÍAS
En xeral, os contidos e servizos ofrecidos no Espazo Web teñen carácter meramente informativo. Por conseguinte, ao ofrecelos, non se outorga garantía nin declaración algunha en relación cos contidos e servizos ofrecidos no Espazo web, incluíndo, a título enunciativo, garantías de licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade, exactitude, ou comerciabilidade, salvo na medida en que por lei non poidan excluírse tales declaracións e garantías.
10. FORZA MAIOR
A empresa non será responsable en todo caso de imposibilidade de prestar servizo, se esta se debe a interrupcións prolongadas do subministro eléctrico, liñas de telecomunicacións, conflitos sociais, folgas, rebelión, explosións, inundacións, actos e omisións do Goberno e, en xeral, todos os supostos de forza maior ou de caso fortuíto.
11. RESOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN
As presentes Condicións Xerais de Uso, así como o uso do Espazo Web, rexeranse pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia as partes someteranse aos Xulgados e Tribunais do domicilio social do Responsable do sitio web.
No suposto de que calquera estipulación das presentes Condicións Xerais de Uso resultase inexixible ou nula en virtude da lexislación aplicable ou como consecuencia dunha resolución xudicial ou administrativa, tal inexixibilidade ou nulidade non fará que as presentes Condicións Xerais de Uso resulten inexixibles ou nulas no seu conxunto. Neses casos, a empresa procederá á modificación ou substitución de tal estipulación por outra que sexa válida e exixible e que, na medida do posible, consiga o obxectivo e pretensión reflectidos na estipulación orixinal.