Asesoramento
O desenvolvemento estratéxico na gastronomía é unha parte fundamental para lograr a excelencia de toda a cadea de valor. As liñas de asesoría e consulta van dirixidas a todos aqueles proxectos que queiran medrar ben e mellor e formar parte dun cambio de época.
Formación
MULLERES
Formación a mulleres que no seu momento non tiveron a oportunidade de estudar, ben por problemas económicos porque tiveron que coidar da súa familia ou por falta de accesibilidade ás escolas.
ESTUDANTES
Formación a estudantes internacionais que desexen coñecer a cultura gastronómica de Galicia e que crean no esforzo e no traballo como base dunha boa cociña.
Investigación
O futuro non se entende sen a innovación. A colaboración coas universidades é fundamental para que saúde e alimentación vaian da man. Para Chegar a alcanzar unha alta cociña totalmente natural que respecte o produto e o coñeza en todo o seu proceso. E a innovación necesita a ciencia.