A nosa cociña

Falar do traballo de Lucía Freitas é falar de rexión, de cultura, patrimonio, pero sobre todo de mercados. Unha proposta gastronómica que está ancorada a Galicia a través do prato e do mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

Co produto galego da costa e a horta como eixe da súa cociña, a chef recupera as cociñas ancestrais a partir da tradición, a materia prima local, a evolución de metodoloxías e investigación.

Lucía Freitas

Lucía Freitas naceu en 1982 en Santiago de Compostela (Galicia, España). Aos 19 anos comezou os seus estudos na Escola Superior de Hostalería de Artxanda (Bilbao). Ese foi o momento inicial do camiño. Desde entón non cesou na súa formación, sempre traballando duro para poder seguir aprendendo dos mellores.

 
A miña filosofía de vida e de traballo mantense no tempo de forma perenne. É o concepto da miña cociña o que medra e cambia comigo de forma natural a medida que eu mesma vou evolucionando e madurando.
Inicio
Inicio

LUCÍA FREITAS: DO MENÚ DE 12 EUROS A ESTRELA MICHELIN.

A chef galega do momento pasou de servir menús do día para saír na guía máis importante do mundo. Non foi fácil: dificultades de conciliación, problemas económicos e unha enfermidade marcaron o seu camiño.

Buy now
GL