• Out-of-Stock

Os nosos turróns pretenden crear unha experiencia sensorial e visual a través de sabores infinitos cun packaging atrevido que simula ser un cómic moderno; onde cada chocolate se converte nun profundo bocado de pracer.

Este estoxo de edición limitada de chocolates de autora creado pola chef Lucía Freitas, ofrece unha viaxe exótica co noso Turrón de Paixón, mango e curry, un regreso ás nosas orixes galegas co Turrón de licor café e 🍋, unha aventura pasional co Turrón de Gianduja de abelás, kikos e laranxa, e para culminar co destino misterioso Turrón de especias árabes e caramelo.

¡Gárdanos o segredo!

Son algo máis ca doces, son a expresión de alta gastronomía fundida nos nosos beizos en chocolate. Invitámosvos a deixarvos levar... Fai o teu pedido hoxe!

Pack de 4 especialidades en turrón 2024:

Turrón de Especias e Caramelo: Ganache de chocolate branco caramelizado infusionado con coandro, canela, cravo e anís.

Turrón de Gianduja de Abelá, Kikos e Laranxa: Gianduja de chocolate con leite e abelás, millo torrado extra crocante, arroz inflado e laranxa confeitada.

Turrón de Licor café e Limón: Ganache de chocolate branco con café recentemente moído, infusionado con reladuras de limón e un toque de augardente.

Turrón de Paixón, Mango e Curry: chocolate gold, polpa de froita da paixón, mango e curry tandoori.

Os gastos de envío non están incluídos no prezo.
 
Recently added our store

5 produtos máis na mesma categoría:

Product added to compare.